12/13/2007

Policía Local utiliza ordenanza anti-botellón para "limpar" de mocidade a cidade


A criminalización da xuventude da para moito, sobretodo para privatizar as ruas, roubandollas á cidadania para outargarllas á privatización do lacer xuvenil. Porén, o estado polícial no que converten Compostela noite trás noite apenas pode parecer util a aqueles que consideran positivo que @s xovens teñamos cada vez menos alternativas. Exemplos disto son os feitos ocorridos no ultimo xoves de Novembro.

Nesse xovens à noite esta Plataforma realizou mais unha acción axitativa nas ruas desta cidade. Actividade que foi silenciada de maneira case automatica, apenas duas horas despois, pola Polícia Local ao arrincaren os carteis que cubrían o Casco Vello. Isto indica unha vez mais, as travas sob as que ten que traballar calquer forma de auto-organización xuvenil que non pase pola caixa recaudatoria de Raxoi ou dos bares e terrazas.

Alén disto, unha actividade da Asemblea Xeral de Estudantes da USC foi agredida pola actuación da Policía Local nesa mesma noite. A Policía Local impediu a realización dunha foliada na Praza da Quintana despois do magosto que realizarom @s estudantes no CS da Gentalha do Pichel. Porén, nom lles bastou con impedir o son das gaitas e das gorxas devido aos protestos d@s veciñ@s (!) senón que reaxiron violentamente á resistencia pasiva que a xuventude que lá estava realizou ante o intento de desalojo da praza. Vários moz@s foron identificados e ameazados con ser denunciados ante a Delegaçom do Governo entanto que un rapaz era levado á esquadra da policía nacional, factos que foron acompañados dumha actitude chulesca das forzas represivas que usaron catro coches e chegaron a sacar as porras.

Estes acontecimentos provan cal é o verdadeiro obxetivo que há detrás da criminalización da xuventude, a detención de toda actividade auto-organizada da mocidade ao mesmo tempo que se oculta a face mais dramatica dum lacer volcado cara o lucro capitalista. Ao mesmo tempo demostran o grao de incompeténcia dos poderes publicos devido ao uso que fan dos metodos polícias contra a xuventude entanto que son incapaces de deter a vaga de agresóns sexuais machistas que sofren na actualidade as mulleres de Compostela.